Wednesday 15 de May de 2024

Os desempregados interesados en participar nun novo Obradoiro de Emprego ‘Tambre-Ulla I’, promovido polos concellos de Touro e O Pino, teñen de prazo ata o día 29 de xullo


Os desempregados interesados en participar nun novo Obradoiro de Emprego ‘Tambre-Ulla I’, organizado e promovido polos concellos de Touro e O Pino, teñen de prazo para anotarse ata o vindeiro 29 de xullo. Os concellos de Touro e O Pino organizan de novo conxuntamente o Obradoiro de Emprego ‘Tambre-Ulla I’, que estará financiado pola Consellería de Economía, e que formará a 20 desempregados/as maiores de 18 anos. As especialidades serán: Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (10 alumnos/as) e Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes (10 alumnos/as). As dúas especialidaes erán impartidas no nivel 2.
Os interesados deberán inscribirse nas Oficina de Emprego Santiago-Norte como candidatos ao Obradoiro de Emprego ‘Tambre-Ulla I’, nas especialidades indicadas coas claves 340, 320 ou 370 a partir dos 18 anos de idades. Os desempregados que quieran apuntarse terán que cumprir algún dos seguintes requisitos: estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obligatoria, estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulo formativos ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder, estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos, entre outras.